Academia Brasileira de Letras

Academia Brasileira de Letras
Logo
Tiporegulador lingüístico, museo e edificio
Data de fundación1896
Fundador(es)Joaquim Maria Machado de Assis e Oliveira Lima
Presidente/aMerval Pereira (pt) Traducir (2022-) Editar o valor em Wikidata
PremiosOrde do Mérito Cultural, Membro-Honorário da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada e Gran Cruz da Orde de Santiago da Espada
Localización
SedeRío de Xaneiro
EnderezoAvenida Presidente Wilson, nº 203 - Centro, Rio de Janeiro - RJ, 20030-021 e Av. Presidente Wilson, nº 203 - Centro
EnRío de Xaneiro e Centro
PaísBrasil
22°54′39″S 43°10′23″O / -22.910749885437, -43.173105578394
Na rede
http://www.academia.org.br/
Youtube: UCt5H6DFGPM5ZW3vZuOIhlTA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Academia Brasileira das Letras (ABL) GCSE • MHSE é unha institución literaria brasileira fundada na cidade de Río de Xaneiro o 20 de xullo de 1897 polos escritores Machado de Assis, Lúcio de Mendonça, Inglês de Sousa, Olavo Bilac, Afonso Celso, Graça Aranha, Medeiros e Albuquerque, Joaquim Nabuco, Teixeira de Melo, Vizconde de Taunay e Ruy Barbosa.[1] Está composto por corenta membros efectivos e perpetuos (por iso son alcumados imortais)[2] e por vinte membros estranxeiros.[3]

O seu obxectivo é cultivar a lingua portuguesa [4] e a literatura brasileira. Recoñécese o seu mérito polos seus esforzos históricos a prol da unificación da lingua, do portugués brasileiro e do portugués europeo. É dicir, tivo un papel importante no Acordo Ortográfico de 1945, acadado conxuntamente coa Academia das Ciências de Lisboa,[5] ademais de ser un novo interlocutor respecto do Acordo Ortográfico de 1990.

A institución encárgase de publicar obras de gran valor histórico e literario, e concede varios premios literarios.[5] [6] A ABL remóntase a finais do século XIX, cando os escritores e intelectuais brasileiros querían crear unha academia nacional na liña da Academia Francesa.[7]

  1. "Academia Brasileira de Letras". Academia Brasileira de Letras (en portugués). Consultado o 2023-01-11. 
  2. "Membros". Consultado o 2015-12-12. 
  3. "Quem somos". Academia Brasileira de Letras (en portugués). 2014-08-03. Consultado o 2023-01-11. 
  4. "Quem somos". Consultado o 2015-12-12. 
  5. 5,0 5,1 "Academia Brasileira de Letras - Infopédia" (en portugués). Consultado o 2022-04-04. 
  6. "Prêmios" (en portugués). Consultado o 2015-12-12. 
  7. "academia, iDicionário Aulete". Arquivado dende o orixinal o 15 de Março de 2014. Consultado o 15 de Março de 2014. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search